O Pontevedra conta as horas para iniciar a súa pretempada, algo que ten previsto facer o vindeiro luns 26 de xullo, e vive coa incerteza de como afectará a mala evolución da pandemia á súa preparación.
"Es imposible controlarlo 100% en estos momentos", recoñeceu este venres o director deportivo da entidade, Toni Otero, confirmando que "hemos tenido ya algún positivo en la plantilla".
A pesar diso "los que sabemos que lo han pasado tienen ya PCR negativa, salvo un jugador que se ha hecho la prueba hoy (viernes)", revelou Otero.
Ante todo isto desde a entidade granate van extremar as precaucións, non só cumprindo os protocolos establecidos polas autoridades deportivas e sanitarias senón mesmo cun maior control. Así, está previsto someter ao persoal e corpo técnico a "controles cada 4 o 5 días", confirma o directo deportivo, en lugar das dúas semanas que marca actualmente a normativa.
"Creo que el Pontevedra ha sido hasta ahora un club ejemplar", defendeu Otero tras o esforzo realizado durante o último ano.
Antes de iniciar o primeiro adestramento do curso, todos os xogadores someteranse o mesmo luns a unha rolda de test de detección da covid para minimizar no posible o risco de contaxios.
PARTIDOS CONFIRMADOS
Con respecto a esta pretemporada, o Pontevedra confirmou tres choques. O primeiro deles sería o 1 de agosto, ás 20.00 horas, contra o Estradense na Estrada.
Os outros dous partidos anunciados polo club serán a eliminatoria de Copa Federación contra o Alondras, o sábado 7 de agosto, en Cangas; e ao día seguinte o Trofeo Cidade de Pontevedra en Pasarón, co Racing de Ferrol como rival.