A Costa Atlántica MTB Tour regresou a Pontevedra un ano máis e deixou imaxes espectaculares polo centro histórico.
A proba arrincou este venres 12, ás 20:30 horas, coa crono nocturna duns 4 quilómetros polas rúas da Boa Vila, onde ao redor de 250 deportistas suaron a pinga gorda alentados por numeroso público.
A segunda etapa será precisamente este sábado 13 e é a máis longa de todas. Conta con preto de 90 quilómetros de distancia e ten saída e chegada neutralizada en Pontevedra para garantir a seguridade dos peóns.
Finalmente, o domingo 14 a carreira poñerá o broche de ouro cunha etapa duns 65 quilómetros, moito máis técnica que as anteriores e que incluirá zonas de BTT "puro e duro".