A un paso dos Xogos Olímpicos está a Selección Española Absoluta Feminina, tras asegurar o pasado mes de decembro en Pontevedra unha praza na fase final da UEFA Women's Nations League. Un soño do que é parte protagonista Tere Abelleira.
A centrocampista pontevedresa, fixa nos plans de Montse Tomé dentro do equipo nacional campión do Mundo, é unha da futbolistas convocadas para afrontar a fase final da competición continental que terá lugar este mes de febreiro en Sevilla.
Abelleira mantense nunha lista da Selección que foi confirmada este xoves e na que aparecen citadas 25 xogadoras.
¡ESTA ES LA PRIMERA LISTA DE !
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) February 15, 2024
Las jugadoras con las que queremos ganar una
¡Y clasificarnos para los !#UWNL I #JugarLucharYGanarpic.twitter.com/9HfuDiQJSj
A vista está posta na semifinais da Nations League fronte aos Países Baixos do próximo 23 de febreiro no Estadio de La Cartuja, e é que un triunfo supoñería facerse cun billete para a cita olímpica do próximo verán en París, na que soñan con estar tanto Tere Abelleira como o resto de campioas do Mundo.
Tras este partido a Selección pelexará ou ben por gañar a Nations League na gran final do día 28 de febreiro ou por un terceiro debido a que se Francia, anfitrioa dos Xogos, pasa á final (a outra semifinal é Francia-Alemaña) supoñería tamén o pasaporte olímpico.