Coa chegada do novo ano, chega tamén a tradicional Carreira Pedestre San Brais, que nesta ocasión alcanza a súa XII edición para dar o pistoletazo de saída aos eventos populares da comarca.
A proba celebrarase o domingo 28 de xaneiro na contorna do Centro Comercial Carrefour de Salcedo a partir das 11:15 horas, cando as categorías base abrirán fogo. A proba absoluta celebrarase ás 12:30 horas.
Desde a organización avisan de que todas as persoas que queiran inscribirse poderán facelo a través desta ligazón ata as 23:59 do 21 de xaneiro.