O vindeiro sábado 26 de maio a Carreira Pedestre de Campañó cumpre 11 anos de vida e faino mirando ás súas orixes.
"Volvemos ao circuíto tradicional, aínda que o acortamos un poquiño", explicou na súa presentación o secretario da Cultural de Campañó, José María Domínguez, acompañado da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
En total serán 8.700 metros de percorrido "rompepernas", con tres voltas ao circuíto deseñado.
A proba popular dará comezo ás 17:40 horas coas carreiras de menores, mentres que ás 18:45 horas será quenda da competición absoluta.
Outra das novidades, segundo revelou Domínguez, será a posibilidade de participar por remudas, en equipo de tres persoas que completarían unha volta cada un.
As inscricións para a XI Carreira Pedestre de Campañó, cun prezo de 6 euros, manteranse abertas ata o mércores 23 de maio na páxina web www.carreirasgalegas.com.