A caravana de La Vuelta permanecerá unha semana enteira na provincia de Pontevedra

Pontevedra
07 de marzo 2013

O director de Unipublic, Javier Guillén, mantén unha reunión de traballo na Deputación de Pontevedra para coordinar aspectos técnicos do percorrido da proba. Todos os equipos estarán xa instalados na provincia dende o mércores, días antes da saída do sábado dende unha batea de Vilanova de Arousa

O pelotón da Vuelta ao seu paso por Pontevedra na edición de 2012
O pelotón da Vuelta ao seu paso por Pontevedra na edición de 2012 /

Co percorrido das etapas galegas definido ao "99% ", segundo o director de Unipublic Javier Guillén, a organización da Vuelta Ciclista a España segue debullando pouco a pouco aspectos dun dos eventos deportivos máis importantes do ano.

Guillén reuniuse este xoves co presidente da Deputación, Rafael Louzán, e responsables do Conselo Regulador Mexilón de Galicia para tratar aspectos relacionados coa saída da próxima edición dende unha batea en Vilanova de Arousa.

As diferenzas co pasado ano son importantes en canto ao impacto económico previsto, principalmente porque a caravana de La Vuelta permanecerá unha semana enteira instalada na provincia de Pontevedra, como recoñece o responsable de Unipublic, "los equipos ya estarán por aquí el miércoles y el personal de montaje y organización una semana antes. Además se está preparando un spot promocional con imágenes de Galicia."

O mércores previo á saída todos os equipos estarán xa instalados nas Rías baixas

En relación á participación segue sendo cedo para asegurar nada, pero Javier Guillén asegura ter esperanzas de que as grandes figuras da bicicleta poidan estar na liña de saída, como o actual vencedor Alberto Contador, "ojalá pueda estar, esta tiene que ser su carrera, de momento ha dicho no al Giro y eso nos da muchas opciones. También tengo confianza en que esté Samu (Samuel Sánchez) aunque es pronto. Purito me ha dicho que quiere venir y Nibali y Valverde lo tienen apuntado".

A Deputación quixo salientar na comparecencia o impacto promocional que La Vuelta vai producir coa saída dende unha batea, ensinando a 170 países un dos produtos que mellor imaxe de Galicia da no Mundo, o mexillón.