A caravana de La Vuelta chega ás Rías Baixas

Pontevedra
21 de agosto 2013

Os 22 equipos e integrantes da organización instálanse nos hoteis que lles servirán de base durante os primeiros días de carreira en Sanxenxo, Pontevedra, Cambados, O Grove e Vigo. Coñece onde se hospeda cada un eles

Os 22 equipos que participan en La Vuelta 2013 chegaron ás Rías Baixas para a saída da carreira e os primeiros días de competición, que transcorrerán pola provincia de Pontevedra.

Ao longo de toda a xornada do mércores a totalidade de corredores e directores deben instalarse nos hoteis reservados pola organización en Sanxenxo, Pontevedra, Cambados, O Grove e Vigo, para cumprir así coa regulamentación da organización que os obriga a concentrarse antes da cea deste día 21, a tres xornadas da saída oficial coa contrarreloxo por equipos dende Vilanova de Arousa.

Ata o día 26 toda a comitiva permanecerá na provincia, onde os afeccionados poderán ver de preto aos ciclistas e toda a infraestrutura que rodea a carreira.

O cuartel xeral dos 22 equipos participantes quedou establecido do seguinte xeito:

  • PONTEVEDRA: Movistar (Parador), AG2R La Mondiale (Room), Belkin (Apartamentos Dabarca), Team Argos-Shimano (Rías Bajas), Team Saxo-Tinkoff (Galicia Palace), Cofidis (Galicia Palace), Vacansoleil (Campaniola).
  • SANXENXO: Astana (Oca Galatea), Euskaltel-Euskadi (Gran Hotel Talaso), Garmin (Nuevo Astur), Radioshack (Nuevo Astur), Cannondale (Pedramar), Lotto Belisol (Nuevo Lanzada), Sky (Campomar), Omega Pharma (Ton).
  • CAMBADOS: Katusha (Parador), BMC Racing Team (Hotel San Marcos).
  • O GROVE: Orica Greenedge (Abeiras), Caja Rural (Montemar).
  • VIGO: Lampre (Hesperia Vigo), FDJ (Tryp Galeones), Netapp-Endura (Ciudad de Vigo)


Os corredores de todos os equipos participantes realizarán adestramentos xoves e venres, días previos ao arranque oficial, para coñecer algunhas das estradas polas que transcorrerán as primeiras etapas: Vilanova de Arousa-Sanxenxo (24 de agosto), Pontevedra-Monte da Groba (25 de agosto) ou Vigo-Mirador de Lobeira (26 de agosto).