A canteira do Arosa define a súa nova estrutura con mando para David López 'Perú' e Pedro Carregal

O Salnés
31 de agosto 2021

Os técnicos, ademais de adestrar ao xuvenil A e cadete A respectivamente, serán os coordinadores das categorías xuvenil, cadete e infantil, no caso de 'Perú' e dos alevíns, benxamíns e  prebenjxamíns, no caso de Carregal

Equipo cadete A do Arosa adestrado por Pedro Carregal
Equipo cadete A do Arosa adestrado por Pedro Carregal

O Arosa, que esta fin de semana debutará en 2ª RFEF, xa ten definida a súa nova estrutura para atender da mellor forma posible aos máis de 250 futbolistas que compoñen a súa canteira. Baixo a supervisión do director deportivo e artífice do ascenso desde o banco, Rafa Sáez, David López 'Perú' e Pedro Carregal encargaranse da coordinación da base. Mentres que Fran Carrillo ocuparase da secretaría técnica. 

'Perú' encargarase da preparación dos equipos infantís, cadetes e xuvenís, mentres que Carregal centrarase nas categorías de iniciación prestando atención aos equipos de alevíns, benjamines e prebenjamines, que teñen previsto iniciar a súa actividade esta mesma semana. 

Eloy Fernández é o máximo responsable da parcela de metodoloxía e tecnificación que pon en marcha esta tempada o Arosa, na que hai unha área técnico-táctica que levan os distintos adestradores e outra área física da que se encargan os preparadores físicos do club.

O banco do xuvenil A, que volve a militar en Liga Nacional, será para 'Perú', mentres que Carregal seguirá tamén á fronte do cadete A de División de Honra. Álex Rodríguez adestra ao xuvenil B da liga Provincial e Javi Sánchez, ao cadete B da liga Galega. O adestrador do infantil A de a liga Galega é David Rey, mentres que Lino González dirixe ao infantil B da liga Provincial e Iván Vázquez, ao infantil C.

Polo que respecta aos tres equipos alevíns os técnicos son Dani Vilas, Javi Sánchez e Francisco de Pazos. Os tres equipos benxamíns lévanos Samuel Álvarez 'Mosto', Goyo Bouzas e Dani Paseiro, mentres que os técnicos dos equipos prebenxamíns son José Vazquez e Nacho Álvarez.

Por último, Samuel Álvarez 'Mosto' é o máximo responsable da Escola de Fútbol, na que nenos e nenas nacidos entre os anos 2016 e 2018 teñen o seu primeiro contacto coa canteira arlequinada con actividade no pavillón.