Apenas transcorreron cinco meses desde que Paul Delgado descubría o fisioculturismo ata situarse na elite deste deporte. O primeiro sorprendido é este veciño de Barro que recoñece con "orgullo" que é "muy poquito tiempo" para os logros que conseguiu.
Compite nunha categoría que "no trabaja el tamaño sino la estética, buscando la máxima definición, perfección muscular y equilibrio corporal". Polo tanto é un traballo "muy complejo" que require un estudo exhaustivo do corpo do atleta e unha dieta "muy sacrificada".
De modo que, segundo explica o propio Paul, empezou a prepararse o pasado mes de xaneiro marcándose como reto participar nun campionato que se ía a disputar en maio en Cambados. Foi tal o seu empeño que quedou campión galego e do norte de España. Pero lonxe de quedarse satisfeito con esa fazaña, Paul inscribiuse no campionato dunha segunda federación gañando á semana seguinte en Ferrol, quedando subcampeón absoluto, competindo con rivais doutras tallas e outros pesos. É dicir, "dos campeonatos distintos como si fueran dos ligas diferentes en un mismo país", coñecidas polas súas siglas IBFA e AEFF.
Crecido por estes bos resultados o de Barro marchouse semanas despois a Castellón para participar nun Olimpia, un torneo nacional no que alcanzou o cuarto lugar e días máis tarde en Valladolid, sumou ao seu palmarés o título de Mister España que lle deu a oportunidade de participar na localidade italiana de Sapri, no Campionato Mundial Mister Universo da federación I.B.F.A., no que realizou un excelente papel ao clasificarse como finalista da categoría Body Fashion Masculino, e conseguir o cuarto lugar da clasificación final.
O sorprendente é que Paul estreouse este ano 2015 neste deporte e chegou a alcanzar á elite. Para explicar os motivos desta asombrosa traxectoria o competidor do Gimnasio Area Go Fit de Barro, explica que "hice deporte toda mi vida, fui futbolista hasta hace pocos años y me gustan muchísimo las artes marciales". Neste sentido, cando a súa preparación física permítello practica Tai Boxing xunto ao seu tío Alberto Vilán no Pontevedra Fight Club.
"Yo me exijo mucho y mi preparador Álex Alonso me conoce y me mira cada día para seguir progresando", afirma Paul. Ademais de ser o seu preparador e a persoa que lle introduciu no fisioculturismo, Álex Alonso é tamén o seu socio no gimnasio que ambos abriron en Barro, o Area Go Fit.
Agora Paul Delgado iniciou a preparación para saír a competir en novembro en Toledo no Open Barbarian Élite e unha semana máis tarde, o Campionato de España AEFF 2015, que se celebrará na localidade de Málaga, e intentar clasificarse para poder acudir ao Campionato Mister Universo NAC 2015, que se celebrará en Hamburgo (Alemania).
"Pero quiero ir partido a partido", mellorando progresivamente "no hay margen para el aburrimiento", sinalou.