800.000 euros, cifra das axudas que o Concello destinará este ano ao deporte local

Pontevedra
06 de marzo 2023

A Xunta de Goberno municipal aprobou a resolución definitiva da convocatoria de subvencións para actividades de iniciación deportiva das tempadas 2022 e 2023. Anabel Gulías, portavoz do goberno local, afirma que con esta aprobación o Concello "está ao día en relación co financiamento" das entidades deportivas

Anabel Gulías, portavoz do goberno local
Anabel Gulías, portavoz do goberno local / Concello de Pontevedra

A Xunta de Goberno municipal aprobaba este luns a resolución definitiva da convocatoria de subvencións para actividades de iniciación deportiva das tempadas 2022 e 2023. Anabel Gulías, portavoz do goberno local, anunciaba este avance sinalando que "estamos ao día en relación co financiamento" das Escolas Deportivas Municipais.

Indicou que as achegas van destinadas a 38 escolas deportivas pertencentes a 36 clubs e a seis ANPAS, que se ocupan de grupos especiais. A cantidade que se destina neste apartado é de 250.000 euros, unha cifra que Gulías definiu como "un investimento necesario para promover ou deporte de base".

Avanzou que está pendente de fiscalización a proposta das axudas de financiamento dos clubs do Concello. As entidades beneficiadas son cincuenta e o importe alcanza os 300.000 euros. A axuda dos clubs anual correspóndese con 2021 e xa se atopan as bases listas para a anualidade de 2022. A intención é que, ao longo do ano, se poidan realizar os pagos, dependendo dos trámites administrativos. 

Tambiénen 2019 pagáronse dúas anualidades á vez. Nesta ocasión, segundo explicou Anabel Gulías, o obxectivo é limpar os atrasos e no ano 2024 comezar coas axudas ao día.

Tamén avanzou que se suman outros 270.000 euros en axudas a clubs pola difusión da imaxe do Concello e son tramitadas pola sociedade de Turismo do concello. A portavoz do goberno local explicou que se entregarán máis de 800.000 euros en axudas ao deporte local durante este ano, resaltando a importancia do compromiso co deporte de base e o deporte local de Pontevedra.