Desde o ano 1.979, data da súa fundación, foron máis de medio milleiro de xogadores, preto de 10 directivos e 25 técnicos os que formaron parte do Campo Lameiro CD. Moita historia detrás que o club quere agora lembrar cunha xornada que se celebrará o próximo 25 de febreiro.
Todas as persoas que formaron parte do Campo Lameiro ao longo destes anos están chamados a participar nunha xuntanza na que revivir anécdotas e bos momentos.
A cita principal da xornada será unha comida no restaurante Casa Tito, que consistirá nun cocido e terá un prezo de 20 euros. Será a forma de lembrar á súa vez o costume que xogadores e directivos tiñan durante as primeiras tempadas de vida do club, e que pasaba por reunirse o último sábado de cada mes de febreiro para degustar un bo cocido. Ese costume recuperouse hai uns anos e agora quéreselle dar continuidade.
Iso será a partir das 14:30 horas, pero antes, ás 12:30 do mediodía, citouse aos participantes do encontro no Campo Municipal da Chanciña, onde volverán a enfundarse a camiseta verde do Campo Lameiro para darlle unas cantas patadas ao balón.