31 clubs galegos cítanse en Verducido no autonómico de 5.000 metros

Pontevedra
28 de marzo 2014

A pista do encoro pontevedrés de Pontillón do Castro prepárase para unha nova xornada de competición na que se espera unha presenza masiva de deportistas

Participantes no Campionato galego de piragüismo en Verducido
Participantes no Campionato galego de piragüismo en Verducido / Diego Torrado

O encoro de Pontillón do Castro espera unha elevada presenza de padexeiros coa disputa este sábado do Campionato Galego de Piragüismo de 5.000 metros.

Na cita, para embarcacións de K-2 e C-2, estarán presentes ata 31 clubs galegos.

A competición servirá como anticipo da Copa de España de 1.000 metros (26 e 27 de abril) e de 500 metros (24 e 25 de maio), ambas as dúas en Verducido.

O Campionato Galego arrancará ás 10:30 horas e está dirixido a deportistas en idade cadete, xuvenil, sénior e veteranos.

Os clubs inscritos son: Fluvial de Lugo, Portonovo, Pontecesures, O Muiño, Cidade de Lugo, Narón, Illa de Arousa, Ría de Aldán, Náutico Miño, Cobres, Naval de Pontevedra, Rodeira, Poio, As Torres, Náutico de Boiro, Ría de Betanzos, Firrete, Vilaboa, As Xubias, Río Verdugo, Fluvial de Allariz, Cambados, Casino de Vilagarcía, Kayak Tudense, Ribeiras do Tambre, Fluvial de Allariz, Cidade de Lugo, Breogán do Grove, Grupo Xuvenil, Cabanas e Viveiro.