A piscina Antía García Silva será escenario do IV Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal.
A competición, que se celebrará este sábado 28 de decembro, está organizado polo Club Acuático Umia e foi presentada oficialmente coa presenza do alcalde en funcións, Manuel Fariña, o tamén edil Jacobo Pérez, Nuria Rodríguez como presidenta da Ferderación Galega de Salvamento, Raúl Marek (padriño desta edición), o presidente do Umia, Rubén Monteagudo, e a deportista Lidia Aboy
En Caldas daranse cita até 301 deportistas, toda unha marca de participación para a súa cuarta edición.
Deles 180 son nadadores de categoría alevín, infantil e cadete, que se completan con deportistas absolutos e máster.
Estarán representados 20 clubs, 14 deles galegos, sendo o de maior presenza o local Acuático Umia con 74 deportistas,
Cabe destacar a presenza dun club galego (Búzios-Coruche) xunto con varios castelán-leoneses como SOS La Bañeza, CSS Benavente, Oca SOS e Dragones, así como o madrileño Laguan SOS do que forma parte o padriño desta edición, o campión nacional e europeo Raúl Marek Spuznar Rosa.
O evento celebrarase en dúas sesións, de mañá e tarde, con acceso ao público até completar aforamento.
Na primeira sesión competirán a partir das 10.30 horas os deportistas absolutos e máster, e desde as 16.30 horas será a quenda da base.