25 anos de Milla Urbana San Miguel

Marín
24 de setembro 2024

A popular proba deportiva vivirá cumprirá un cuarto de século este próximo sábado, 28 de setembro

Presentación da XXV Milla Urbana San Miguel de Marín
Presentación da XXV Milla Urbana San Miguel de Marín / Concello de Marín

Un cuarto de século de historia converteu á Milla Urbana San Miguel de Marín nunha cita consolidada e ineludible dentro do calendario atlético galego.

A popular proba deportiva cumprirá 25 edicións o vindeiro sábado 28 de setembro, pero antes foi presentada oficialmente con presenza do organizador da proba, Víctor Riobó; o presidente do Club San Miguel, Carlos de la Torre; a alcaldesa, María Ramallo; e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.

Como de costume a Milla Urbana San Miguel propón unha tarde de deporte para todas as idades no seu habitual percorrido na Avenida de Ourense, onde ás 18.00 horas iniciarán as carreiras os deportistas Sub-16. Despois chegarás as categorías Sub-14, Sub-12 e Sub-10 antes das probas dos máis pequenos.

Por último pechará a programación a milla popular (20.20 horas) e as probas elite feminina (20.40) e masculina (20.50).

Polo momento son xa máis de 400 deportistas os que confirmaron a súa participación na Milla.