2.880 prazas para a Gladiator Race de Pontevedra

Pontevedra
26 de xullo 2015

A proba desenvolverase no ámbito da Illa das Esculturas o próximo 24 de outubro na segunda carreira destas características que se organiza en Galicia. Este luns 27 de xullo abren as inscricións

Gladiator Race en Santiago de Compostela
Gladiator Race en Santiago de Compostela / Gladiator Race

Na súa primeira edición, en Santiago de Compostela, foron preto de 2.000 os valentes que se atreveron a reptar, trepar ou embarrase nos seus numerosos obstáculos, e en Pontevedra prometen máis emocións fortes.

A Gladiator Race, que se celebrará o 24 de outubro no ámbito da Illa dás Esculturas abrirá este luns o seu período de inscrición con 2.880 prazas dispoñibles.

Os participantes deberán superar un circuíto de 8 quilómetros que prometen diversión mesturando tramos de carreira coa superación de entre 25 e 30 obtáculos naturais, a maioría diferentes aos que protagonizaron a proba do Monte do Gozo.

Con todo os organizadores, a empresa AD Top Ten Sports en colaboración do Concello de Pontevedra, aseguran que haberá "barro, auga, xeo e lume", facendo honra a unha proba que está inspirada nos adestramentos militares.

A inscrición debe realizarse a través da páxina web do evento www.gladiatorrace.es, podendo anotarse os participantes de xeito individual ou en equipos de polo menos cinco integrantes.

Ao finalizar a carreira organizarase un post-evento no Recinto Feiral con música, zonas de animación e comida.