160 atletas adestrarán no CGTD repartidos nas súas trece especialidades

Pontevedra
08 de xuño 2024

Ata 160 atletas volverán a adestrarse na tempada 2024-2025 nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, no que estarán dispoñibles ata trece especialidades

Quinta edición do Torneo de Reis de atletismo no CGTD
Quinta edición do Torneo de Reis de atletismo no CGTD / Mónica Patxot

Ata 160 atletas volverán a adestrarse na tempada 2024-2025 nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, no que estarán dispoñibles ata trece especialidades.

De todas elas, un máximo de 105 prazas estarán reservadas para o grupo de tecnificación -84 residentes e 21 externos- que se distribuirán entre os cursos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

As outras 55 prazas serán para o grupo de rendemento, doce deles residentes (non podendo ser máis de sete do mesmo sexo e como máximo catro da mesma sección deportiva) e o resto externos ata completar as prazas ofertadas.

En ambos grupos, tanto no grupo de tecnificación coma no de rendemento, resérvanse un 5% das prazas ofertadas para persoas con discapacidade e outro 10% para seren ocupadas durante todo o curso académico en función de situacións de urxencia ou necesidade.

Haberá prazas de tecnificación para atletismo lanzamentos (4), bádminton (7), judo (8), loita (7), natación pura e augas abertas (6), natación artística (5), piragüismo slálom (4), piragüismo (17), remo (4), taekwondo (8), tríatlon (7), vela (4) e ximnasia (3).