As provincias da Coruña e Pontevedra estiveron unidas este domingo 18 de agosto polo reto solidario que pretende visibilizar as enfermedadas raras que padece Lúa Durán, unha nena de 7 anos que sofre Z.A.R.D. e Artrogriposis, un grupo de trastornos musculares non progresivos pouco frecuentes que provocan rixidez nas articulacións e impiden o desenvolvemento muscular anormal nos nenos.
"Desde o deporte queremos fomentar a inclusión e poñer encima da mesa os problemas que vivimos as familias todos os días", explicou Kike Durán, o pai de Lúa, unha vez chegaron á praza de Compostela en Pontevedra.
"Saímos ás 5:30 desde a ponte do Burgo ata A Coruña. Foi un día inesquecible con quince persoas marabillosas. Foi moi difícil, a mañá estivo moi guay ata que chegamos ao Obradoiro. Foi duro, pero tiñamos o voso apoio e non podiamos fallar", indicou dirixíndose ás numerosas persoas que os esperaban cos brazos abertos na Boa Vila ao redor das 20:00 horas.
En total foron 130 quilómetros os que percorreron os participantes neste reto solidario.