Licenciado en Historia e Arquiveiro. Traballa con arte e antigüidades decorativas. Malvive arrodeado dunha chea de ácaros que naceron polos tempos do Rei Sol, habitantes dun mar de libros máis vellos que as tartarugas.
Pontevedrés porque alí o botaron ao mundo, santiagués cando quixo saber, vigués de tren e bus pra chegar á hora, barcelonés de sempre dicir merci a toda aquela boa xente. Hoxe enraíza a carón dunha fraga do Salnés. Non lle hai mellor lugar pra se deleitar no arcaísmo.
Deixa dito que pra calquera suxestión ou andrómena non manden pombas, corvos ou teletipos. Abonda con que remitan as misivas a davide.castelo@gmx.es. Internet ocuparase con dilixencia de empurralas cara o seu incerto destino.