Zahara atrapa ao público pontevedrés

Pontevedra
15 de agosto 2022

A artista de Úbeda ofreceu os temas do seu disco 'Puta' onde recolle pezas que van da dor ao acoso e o maltrato machista. A súa enerxía entusiasmou ao público que encheu neste domingo 14 a praza de España e as contornas ao tratarse dun dos concertos máis agardados das Festas da Peregrina

Concerto de Zahara
Concerto de Zahara /

Da dor á enerxía, da denuncia por sufrir as consecuencias do machismo á descarga máis vibrante que facía saltar ás miles de persoas que se achegaron este domingo 14 ata a praza de España. Así se presentou unha das artistas do momento, Zahara, en Pontevedra.

A cantante polifacética ofreceu temas do seu coñecido álbum 'Puta' no que recolle pasaxes escuras da súa vida e escenas de acoso e sufrimento, todo baixo unha luminosidade e un sentido do espectáculo que permitiu ao público gozar dunha noite chea de emocións que sorprendían á audiencia, a través das diversas capas que a creadora dos álbums 'Santa' e 'Astronauta' ofrece nos seus potentes directos. 

Previamente, na praza da Ferrería, dentro da programación destas Festas da Peregrina actuaban a Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bela Hele nes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo e Coral Airiños de Campañó para un público máis veterano.

Este luns 15, a praza da Ferrería acollerá a partir das 21.00 horas unha sesión de divertido circo sonoro con ROCK CIRCK, premio nacional en 2017, e a partir das 22.30 horas, Coque Mallaserá o encargado de ofrecer o concerto grande da xornada na praza de España interpretando algúns das súas máis coñecidos éxitos como 'No puedo vivir sin ti' ou 'Berlín'. A entrada para ambos os espectáculos musicais é libre.