ÿxito de público para ver O soldadiño de chumbo no Salón do Libro

Pontevedra
13 de marzo 2013

Máis de 900 escolares participaron nas funcións matinais do espectáculo de Baobab Teatro que, durante esta tarde, ofrece un pase para as familias

Case un milleiro de alumnos de centros escolares de distintos concellos da provincia achegáronse ata o Salón do Libro para asistir á dobre función da obra O soldadiño de chumbo da compañía pontevedresa Baobab Teatro que, durante a tarde, ofreceu unha sesión para público familiar. Es un espectáculo en que se realiza unha homenaxe ao autor H.C. Andersen, creador deste conto tradicional.

Por outra parte, este venres 15 péchase o prazo para matricularse nos obradoiros para maiores de 16 anos que se impartirán a partir do luns 18. Aínda hai posibilidades de matricularse no curso que leva por título Iniciación ao Arduino permite un traballo de programación, iniciación á electrónica, aplicacións prácticas para facer un sistema domótico ou automatización dun aparcadoiro. O obradoiro Fabricando Ambiente conta con dúas vacantes. E o taller de Celso Fernández sobre Querer contar nos contos xa ten todas a prazas cubertas.

Para mañá, xoves 14, o Pazo da Cultura acollerá un obradoiro no que os nenos participarán para construír bonecos a partir das 17:30 horas. Ás sete da tarde, desenvolverase unha das iniciativas novidosas desta edición a do Obradoiro de lectura dixital coa intención de achegar os máis pequenos ás novas tecnoloxías. Será a través da presentación do libro infantil Man, o alemán de Camelle.

O venres ás 11:30 da mañá, o auditorio do Pazo acolle o espectáculo20.000 leguas de viaxe submarina de Rayuela Produccións. Trátase dunha obra inspirada na novela de Jules Verne e que pretende achegar o mundo científico aos escolares.