Yoly Saa e o seu "No se me olvida" quedan fóra da final do Benidorm Fest

Pontevedra
02 de febreiro 2024

Non puido ser. Yoly Saa non estará na final do Benidorm Fest. A artista pontevedresa foi onte á noite una das participantes da segunda semifinal deste festival, pero a pesar da súa sólida actuación non logrou unha das catro prazas para a fina

Yoly Saa, no Benidorm Fest
Yoly Saa, no Benidorm Fest / EFE / Morell

Non puido ser. Yoly Saa non estará na final do Benidorm Fest. A artista pontevedresa foi onte á noite una das participantes da segunda semifinal deste festival, pero a pesar da súa sólida actuación non logrou unha das catro prazas para a final.

"No se me olvida", un tema cun acompañamento rítmico moi enérxico e épico, foi a canción pop-folk coa que competiu no certame organizado por RTVE para elixir ao próximo representante de España en Eurovisión.

A súa canción, unha especie de mantra persoal para lembrarse a si mesma todo o que sufriu, sentimentos que non quere volver sentir, brillou sobre o escenario do festival, cunha Yoly Saa que defendeu á perfección a súa proposta, mostrando o seu particular estilo.

Logrou un total de 79 puntos, o que a situaron na sétima praza desta semifinal. Algo máis da metade deles (44 entre o público e o voto demoscópico) outorgáronllos os espectadores, que a colocaron sexta entre as súas preferencias. Do xurado de expertos recibiu os 35 restantes.

A cantautora presentou unha posta en escena mística, cunha realización meticulosamente coidada e que tivo un dos inicios máis belos desta edición.

Aínda que a súa excepcional voz non requiría de adornos para brillar, Yoly Saa quixo enriquecer a súa actuación con diversos elementos que se proxectaron nas pantallas e unha iluminación que realzou aínda máis a súa coidada escenografía.

Así, con "No se me olvida", na que a pontevedresa reflexiona sobre as cicatrices do seu pasado e onde a artista 'non se esquece' do que sufriu por outra persoa, comezou a súa canción mergullada nun espazo reflexivo, como nunha especie de halo atrapada polos seus recordos.

A rabia de Yoly Saa foise proxectando de maneira palpable sobre o escenario, no que estivo arroupada por dúas bailarinas, que a foron acompañando no seu propio relato de superación persoal, e por dúas percusionistas que tocaban os taikos, un tambor de orixe xaponesa.

No seguinte vídeo podes revivir a actuación de Yoly Saa no Benidorm Fest 2024.