Vilagarcía de Arousa é a localidade elixida pola prestixiosa pianista internacional Yeol Eum Son para ofrecer o seu primeiro concerto en España. Esta virtuosa coreana actúa este venres no Auditorio Municipal con motivo do concerto inaugural da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.
Un evento único tanto polo calidade da artista e a circunstancia de que se estree en España con este recital como porque con el ábrese o ciclo de actividades a organizar pola Asociación Filarmónica, un colectivo composto por amantes e afeccionados á música que nace contando xa con case un centenar de socios, entre eles recoñecidos nomes no panorama musical local e galego, como o compositor Eligio Vila.
A Concellería de Cultura colabora na organización deste concerto.
A actuación de Yoel Eum Sum será o venres 10 de xuño no Auditorio, a partir das 21:00 horas. A entrada custa 6 euros, sendo de balde para os socios da Filarmónica.
A pianista coreana interpretará un repertorio integramente composto por obras escritas para piano por compositores universais como Liszt, Chopin, Stravinsky ou Ravel. Ademais dos numerosos amantes da música clásica e de calidade que existen en Vilagarcía, a presenza desta prestixiosa pianista por primeira vez en España atraerá con toda probabilidade a afeccionados de outras partes de Galicia que xa se teñen interesado pola actuación.