O salón de actividades do consistorio de Carballedo acolleu este xoves a presentación do libro "Cotobade: claves dunha historia rural", do escritor e historiador Xosé Fortes Bouzán
O autor foi presentado polo alcalde, Jorge Cubela, que agradeceu o seu cariño por Cotobade e que poña os seus amplos coñecementos ao servizo do estudo da historia local.
O novo exemplar é unha versión reducida do denso volume sobre a historia do municipio "Terras de Cotobade" e con el preténdese achegar o seu contido de xeito máis asequible a toda a sociedade.
O acto contou coa presenza de preto dun cento de persoas que ateigaron o recinto.