Juan Luis Guerra ofrecerá o 19 de xullo en Sanxenxo o seu único concerto en Galicia

Sanxenxo
06 de abril 2025
Actualizado: 1:17

Con máis de 40 anos de carreira e máis de 30 millóns de discos vendidos, Guerra é considerado o "rei da bachata". As entradas para este concerto estarán á venda a partir do 9 de abril

Juan Luis Guerra
Juan Luis Guerra / SFX Events

Un dos artistas latinoamericanos máis populares do mundo, o dominicano Juan Luís Guerra, actuará este verán en Sanxenxo. Será o 19 de xullo, na Praza do Mar.

"Esperamos que sexa un dos concertos máis importantes e potentes deste verán en Galicia", sinalou o promotor Virvi Fraga, responsable de Son do Mar Music, que xunto coa promotora malagueña SFX, son os impulsores deste concerto.

Esta xira de Juan Luís Guerra por España ten, por agora, outro catro citas que serán en Xaén, Xixón, Fuengirola (Málaga), Gran Canaria e Tenerife.

Con máis de 40 anos de carreira e máis de 30 millóns de discos vendidos, Guerra é considerado o "rei da bachata" e foi o responsable de popularizar en todo o mundo os ritmos dominicanos.

O seu disco máis recente, titulado Radio Güira, saíu ao mercado en 2023 e trátase dun álbum con puro sabor dominicano, combinando o merengue e a bachata de sempre cun toque fresco.

No seu concerto de Sanxenxo, Juan Luís Guerra repasará todos os grandes éxitos da súa carreira, entre os que figuran temas como Ojalá que llueva café, La bilirrubina, Te regalo una rosa, Rosalía ou Woman del Callao.

As entradas para este concerto estarán á venda a partir do próximo 9 de abril.

A actuación conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Xacobeo e coa colaboración do Concello de Sanxenxo e de Nauta Sanxenxo.