Xeración Sónica súmase ás festas co seu concerto de Nadal

Pontevedra
24 de decembro 2021

Foi este xoves na praza de Ourense e participaron 25 rapaces de entre 13 e 17 anos, que forman seis bandas distintas

Concerto da Xeración Sónica
Concerto da Xeración Sónica / Mónica Patxot

A programación de festas ofreceu este xoves o concerto de Nadal do proxecto Xeración Sónica que xestiona a Concellaría de Xuventude.

Neste concerto participaron 25 rapaces con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos, que integran seis bandas distintas: unhas noveis e outras cunha traxectoria de un par de anos de andaina.

Tocaron tres bandas que comezaron o ano pasado: Haku, Froalla e Simpsonhead, que interpretaron temas que publicarán o vindeiro ano, e tres bandas noveis: Caronte, Diplodocus e Galirock.

O espectáculo mesturou estilos que van dende o rock, ao pop, electrónica, hip hop ou experimental e amosou o futuro da escea da música da cidade de Pontevedra.

Pódense escoitar os temas de Xeración Sónica neste enlace: Xeración Sónica Vol.2