Xapón achégase á Biblioteca de Soutomaior

Soutomaior
23 de agosto 2024

A Biblioteca Pública Luís Seoane de Soutomaior está a acoller este verán un centro de interese dedicado a Xapón, que está a ter unha gran acollida entre os usuarios

Libros xaponeses na Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior
Libros xaponeses na Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior / Concello de Soutomaior

A Biblioteca Pública Luís Seoane de Soutomaior está a acoller este verán un centro de interese dedicado a Xapón, que está a ter unha gran acollida entre os usuarios.

Esta iniciativa cultural conta cunha ampla selección de libros sobre diversos aspectos da cultura xaponesa, incluíndo cociña, novela, arte e outras modalidades.

O fondo bibliográfico foi aportado pola Editorial Satori, enriquecendo así a oferta literaria da biblioteca.

Os veciños e visitantes interesados en explorar este fascinante mundo oriental poden achegarse á biblioteca, situada na rúa Illas Alvedosas en Arcade.

O horario de apertura é de luns a venres, das 9:00 ás 14:30 horas.

Esta actividade ofrece unha oportunidade única para os lectores de mergullarse na rica cultura xaponesa sen saír de Soutomaior.