Volve o cine de verán na rúa con 'Grupo 7', 'Mientras duermes', 'Intocable', 'El caballero oscuro' e 'Up'

Pontevedra
22 de xullo 2013

A programación das festas de verá de Pontevedra entra este martes 23 de xullo nunha das súas semanas grandes coa coincidencia no tempo dos concertos de bandas, as actividades de Cinema de Lúa, o Festixeve y as tradicionais festas de Santiaguiño do Burgo

A programación das festas de verán de Pontevedra entra este martes 23 de xullo nunha das súas semanas grandes coa coincidencia no tempo dos concertos de bandas, as actividades de Cinema de Lúa, o Festixeve y as tradicionais festas de Santiaguiño.

A programación de bandas será a que inaugure a semana de festas unha vez que este luns acaba oFestival Internacional de Jazz e Blues. Este martes 23 de xullo abrirá o festival un concierto luso-galaico de María do Ceo e a Banda de Música de Salcedo na praza da Ferraría ás 21.00 horas e o venres día 26 a cita será tamén ás 21.00 horas, pero na praza do Teucro. Actuará a Banda Cultural de Salceda de Caselas.

O encontro pontevedrés co cine na rúa, Cinema na lúa, será do mércores 24 ao domingo 28 na praza da Pedreira ás 23.00 horas. A carteleira integrarana Grupo 7 (día 24), Mientras duermes (xoves 25), Intocable (venres 26), El caballero oscuro. La leyenda renace (sábado 27) e a película de animación Up (domingo 28).

As festas de Santiaguiño do Burgo comezarán tamén o mércores 24, véspera do Día Grande de Santiago. No seu caso haberá pola mañá pasarrúas a cargo de Os Alegres, pola tarde unha procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo e pola noite unha verbena no recinto feiral coas orquestras Rítmo Joven e Canela de Vigo.

O xoves 25 de xullo a programación será:

⿢ 10 horas. XVII Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo. Saída da ponte do Burgo, Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao
⿢ 11.30 horas. Pasarrúas, con Chouteira e Dolmen
⿢ 12.30 horas. Procesión y concierto de la Banda de Música de Pontevedra
⿢ 22.30 horas. Verbena no recinto feiral, con Embajadores e Arena
⿢ 24 horas. Fogos de artificio á beira do río, entre as pontes do Burgo e Santiago

O venres 26 de xullo a festa será:

⿢ 11.30 horas. Pasarrúas con Os de Mourente
⿢ 20 horas. XV Festa Homenaxe ás Persoas Maiores con Maravallada no Teatro Principal
⿢ 22.30 horas. Verbena no recinto feiral, con Alcotán de Vigo e Hirosima

Arquivado en