A Aña Urbana, unha cita coa música tradicional chegará á praza de España o vindeiro sábado 6 de abril con actividades durante toda a xornada nun evento organizado pola concellería de Festas e a asociación cultural Trépia.
Esta actividade chega a súa décima edición e para festexar este aniversario vai entregarse un premio á mellor actuación dos roteiros da Aña Urbana.
Esta proposta cultural reúne un conxunto de ritos e de costumes que teñen lugar durante os labores labregos ao longo do mes de abril. Existen uns cantares específicos para cada ocasión e se executan ritmos tradicionais tocando en sachas e "leghóns". Nalgunhas zonas realízase o "baile do ramo", en que un mozo saca a bailar a mulleres levando en alto un ramallo de loureiro.
Programa Aña Urbana 2019
11.00 horas. Apertura de la carpa
12.00 horas. Roteiros de distintos grupos por distintas prazas: Peregrina. Curros Enríquez, fronte ao Mercado de abastos, A Leña e praza de España
14.30 horas. Xantar
16.00 horas. Obradoiro de regueifas. Con Felipe de Dodro e Rato de Poio
18.00 a 18.30 horas. Obradoiro de toque de leghón. Con Xandre Outeiro
18.30 a 19.00 horas. Obradoiro do baile do ramo. Con Miguel Sotelo
19.00 horas. Obradoiro-presentación Bailescribindo. Con Serxio Cobos
20.30 horas. Concerto PELEPAU
21.30 horas. Serán da Aña Urbana