Vilagarcía de Arousa, capital eurovisiva

O Salnés
03 de decembro 2024
Actualizado: 19:44

O Salón García acollerá o XXXII Congreso da Asociación de Eurovisión de España (AVE), que finalizará co concerto Vilavisión coas actuacións de Cepeda, Justs, Carlos Higes, Bashar Murad, e Verónica Codesal

Justs participará en Vilagarcía no concerto de Vilavisión
Justs participará en Vilagarcía no concerto de Vilavisión / Justs

Vilagarcía de Arousa acollerá esta fin de semana o XXXII Congreso da Asociación de Eurovisión de España (AEV), un evento que culminará co agardado concerto Vilavisión.

As últimas incorporacións ao cartel, Cepeda (OT 2017) e Justs (Letonia, Eurovisión 2016), completan un programa cheo de actividades que se desenvolverá do 6 ao 8 de decembro.

O congreso arrancará o venres 6 cun encontro con Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión 2011 e madriña desta edición, quen ofrecerá unha actuación xunto á Big Band Municipal de Vilagarcía de Arousa na gala inaugural no Salón García.

O prato forte chegará o sábado 7 con Vilavisión, un concerto que reunirá na Praza da Peixería a destacadas figuras do universo eurovisivo como Carlos Higes (España, Eurovisión Junior 2022), Bashar Murad (Palestina), Verónica Codesal (Bélxica, Eurovisión 2003), ademais de Justs e Cepeda.

A xornada do sábado tamén incluirá encontros cos artistas, unha charla coa xornalista pontevedresa Julia Varela, comentarista de Eurovisión en RTVE, e actividades lúdicas como un concurso eurovisivo e un eurobingo musical.

Cun marcado carácter solidario, todos os beneficios das entradas do concerto Vilavisión, con prezos entre 23 e 29 euros, destinaranse a axudar ás familias afectadas pola recente DANA na Comunidade Valenciana.

Para quen non poida asistir pero desexe colaborar, habilitouse unha Fila 0.

O congreso pechará o domingo cunha actividade especial para os socios da AEV: un obradoiro de marisqueo e degustación da famosa ameixa de Carril.

Cepeda
CepedaCepeda