A Xunta e a Deputación de Pontevedra puxeron en marcha o proxecto 'Camiño a dentro', que ofrece diversas accións artísticas. Este xoves, unha nova proposta chegaba á praza da Ferrería grazas á artista Lucía Loren que, en colaboración cun grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes, presentaba a iniciativa 'Utopías do Camiño'.
A proposta escenifica o encontro entre diferentes roteiros xacobeos e as emocións que espertan entre as persoas que peregrinan. Ao mesmo tempo, ofrécese unha visión de sustentabilidade e respecto pola natureza, A acción estaba comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora do programa 'Mulleres en acción. Violencia zero', da Deputación.
Ao acto asistía a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, ademais da deputada de Cohesión Social, Olga García.
O proxecto 'Camiño a dentro' recolle accións de dez mulleres artistas e desenvólvese en diversas localidades da provincia, coa idea de vincular a arte contemporánea coa tradición do camiño portugués a través da perspectiva de mulleres creativas.