Unha trintena de artistas que apostan pola autoedición cultural reúnense nas xornadas "Grapa Grapa"

Pontevedra
19 de decembro 2012

O evento nace coa intención de facer de Pontevedra o punto de encontro dunha mistura heteroxénea de artistas de diversa procedencia que teñen como denominador común a proximidade das súas propostas a unha ética do "Faino ti mesmo, alonxada dos procesos e canles máis habituais e comerciais de edición e distribución

Cartel promocional das xornadas de autoedición cultural Grapa Grapa
Cartel promocional das xornadas de autoedición cultural Grapa Grapa / Liceo Mutante

Artistas que apostan pola autoedición como forma de dar a coñecer os seus traballos. ÿ o que teñen en común a trintena que proxectos que se reunirán no Liceo Mutante os vindeiros 21 e 22 de decembro. Participarán nunha iniciativa chamada Grapa Grapa, as primeiras xornadas de autoedición cultural.

O evento nace coa intención de facer de Pontevedra o punto de encontro dunha mistura heteroxénea de artistas de diversa procedencia que teñen como denominador común a proximidade das súas propostas a unha ética do "Faino ti mesmo, alonxada dos procesos e canles máis habituais e comerciais de edición e distribución.

Teñen sitio nesta iniciativa, polo tanto, unha chea de publicacións que ⿿por arriscadas, kamikazes, honestas, absurdas, extremas e refrescantes non o teñen nin aspiran a telo en ningún dos mausoleos culturais oficiais que agonizan ó longo da xeografía galega⿝, din desde o Liceo Mutante.

Dende Berlín, Barcelona, Tenerife, Madrid, Oporto, Asturias, A Coruña, Compostela, Vigo e Ourense viaxarán esta semana rumbo a Pontevedra un amplo grupo de debuxantes, ilustradores, músicos, poetas e pintores coa intención de compartir cos asistentes os seus fanzines, libros de artista, discos, tebeos, serigrafías e marabillas diversas.

Dentro destas xornadas Grapa Grapa, celebraranse ademais outra serie de actividades, entre as que destacan un mercado de fanzines e material D.I.Y., aberto sen interrupción durante as xornadas; a exposición colectiva Trazos do inframundo ou unha performance de pintura mural, coa presenza de Liqen ou Tayone, dous dos mellores muralistas do país.

Para ver o programa completo das dúas xornadas do Grapa Grapa, consultade na páxina web do Liceo Mutante.