Unha análise sobre a vida e as circunstancias de Xosé Fernando Filgueira Valverde

O Salnés
20 de outubro 2014

Xermán Manoel Torres, especialista na figura do erudito pontevedrés ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2015, ofrece unha conferencia sobre a figura do escritor

Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos
Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos

A figura de Xosé Fernando Filgueira Valverde, o erudito pontevedrés ao que o próximo ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, será analizada polo especialista Xermán Manoel Torreso próximo martes 28 ás 20.30 horas no Salón de actos da parroquia de Santa Baia de Arealonga.

Segundo o investigador, Filgueira Valverde pode ser un exemplo para todos polo seu afán de coñecer e amar a Galicia e á lingua galega.

A súa conferencia céntrase na vinculación do autor con dúas xeracións fundamentais para a cultura galega, a xeración do Seminario de Estudos Galegos, á que pertence Filgueira; e á xeración Nós, formada por algúns dos máis prestixiosos escritores de Galicia.

Nesta charla tratarase tamén a influencia de feitos históricos e de personaxes contemporáneos a Filgueira Valverde que influíron no seu xeito de vivir e na súa obra.

Arquivado en