O primeiro Concurso de Microrrelatos en Twitter organizado polo Salón do Libro de Pontevedra ten como gañadora á estudante Teresa Guerra Sobral do IES Torrente Ballester, alumna do grupo C de 3º da ESO.
O concurso, convocado vía Twitter para os institutos da cidade, consistía en poñerlle final a un texto baseado na novela 'A máquina do tempo', de H.G. Wells. Os participantes contaban cun máximo de tres tuits para redactar a conclusión que imaxinan para a novela.
Teresa Guerra Sobral, baixo o nome gonzo tb @tballester4, fixo uso de todos os tuits permitidos e así crear o final que a proclamaría gañadora. Seguiu a temática elixida para este ano no Salón do libro 'Da ciencia á Ficción'. Teresa Guerra Sobral decidiu acabar a obra de Wells coa frase do seu último tuit que dicía "-Isto pasa cada vez que alguén me desafía... Rapaza, eu son o tempo".
A estudante recibiu entradas para unha sesión de teatro para ela e para os seus compañeiros de clase que acudirán o día 27 de marzo ao Pazo da Cultura para ver a obra 'Pan! Pan! ' da Panadaría.
BANDA DE MÿSICA
Ademais, o Salón do Libro inclúe entre as súas actividades para o xoves 12 ás 18.30 horas o concerto de Bandas Sonoras de Películas interpretadas pola Banda de Música de Pontevedra dirixida polo director Juan Lois Diéguez. Entre as obras interpretadas destacarán: Godzilla come ás Vegas, Batman, Capitán Trono nas Cruzadas ou Aladdin Suite. As entradas terán un prezo de 5 euros e poderán comprarse dende unha hora antes de que empece o concerto no Teatro Principal.