Únense nun concerto a Orquestra Xove de Pontevedra e as aulas de música e baile tradicional do campus

Pontevedra
13 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Estas formacións compartirán escenario o mércores 20 no Pazo da Cultura nun evento titulado 'Sinerxías' nunha nova edición do Concerto de Primavera do campus. As invitacións estarán dispoñibles a partir do venres 15 na Vicerreitoría situada na Casa das Campás e nas facultades e escolas universitarias

Aula Permanente de Música Tradicional do campus
Aula Permanente de Música Tradicional do campus / DUVI - UVigo

O tradicional Concerto de Primavera do campus de Pontevedra celebrarase o mércores 20 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra a partir das 20.30 horas.

Nesta ocasión levará o título de 'Sinerxías' e no escenario coincidirá a música sinfónica interpretada pola Orquestra Xove de Pontevedra coa personalidade da música e o baile tradicional galego, que procede dos integrantes das aulas que traballan este estilo no campus.

Más de sesenta músicos e bailaríns coincidirán no auditorio do Pazo nun concerto promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra. 

AOrquestra Xove de Pontevedranacía en 2017 coa intención de ilusionar a novos músicos novos. Dirixida por Javier Lorente, esta agrupación colaborou coa Orquesta Ciudad de Barcelona ou a do Principado de Asturias, ademais de lograr o primeiro premio no certame de bandas internacional Flicorno D´Oro de Riva del Garda.

Durante as últimas semanas ensaian preparando o programa do concerto, no que esta formación estará acompañada por integrantes da Aula Permanente de Música Tradicional que dirixe o músico e gaiteiro Suso Vaamonde, que conta con 46 participantes durante este curso, segundo recolle o DUVI.

O programa iniciarase coa Abertura Tequexetéidere, de Simón Couceiro, para dar paso a unha interpretación conxunta da Marcha do antigo Reino de Galicia, con arranxos de Suso Vaamonde. A continuación será interpretada a Xota e muiñeira de Coruxedo, Case un valse, de Benxamín Otero; e finalmente a Muiñeira do salmón, tamén do compositor Simón Couceiro.

A entrada é libre, previa recollida de invitacións que estarán ao dispor do público a partir deste venres 15 nas conserxerías das facultades e escolas universitarias e tamén na Vicerreitoría na Casa das Campás.