Un paseo da man de Montse Fajardo pola Memoria das mulleres

Pontevedra
23 de xuño 2018

Este sábado tivo lugar un novo paseo pola Pontevedra literaria. A iniciativa esta organizada pola Concellaría de Dinamización Sociocultural e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega

Paseo literario con Montse Fajardo
Paseo literario con Montse Fajardo / PontevedraViva

"En Pontevedra non houbo guerra. Houbo un golpe de Estado e despois unha represión brutal contra todos os que apoiaron a República". Quen fala é Montse Fajardo, da man desta xornalista e escritora houbo este sábado un paseo literario pola Memoria das mulleres.

A iniciativa esta organizada pola Concellaría de Dinamización Sociocultural e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

O paseo percorreu os lugares da cidade que gardan relación coas súas publicacións: Un cesto de mazás e Matriarcas, é dicir, un paseo pola memoria de Josefina Arruti, Amalia Limeres, Manuela a Bichona…

Fajardo lembrou no seu paseo a mulleres profundamente marcadas pola Guerra Civil.