Este xoves 27 de xuño, un grupo de persoas con discapacidade intelectual daConfederación Galega De Persoas Con Discapacidade (COGAMI) presentará a montaxe teatral titulada 'Doutor Ambrosio e as súas pacientes faranduleiras' a partir das 11.30 horas no Centro Cultural de Monte Porreiro.
Neste acto, aberto ao público, os usuarios terá a oportunidade tamén de charlar con Susi Maquieira, unha persoa con discapacidade, en concreto con acondroplasia, e que é un exemplo de superación. Ela é a protagonista do libro '¿Qué miras?' do xornalista Fernando Salgado, quen tamén asistirá á cta.
Os protagonistas da obra teatral son María Jesús Redondo, Branca Castro, María Piay Ortigueira, Aurora Bravo, Diális Mendoza, Lucía Padín, Luciano Martínez e José Manuel Marín.
O texto da obra teatral, os ensaios e a preparación dos intérpretes correu a cargo de José Manuel Lareu.
A obra narra a situación que se rexistra nunha consulta médica pública na que unhas persoas con discapacidade, veciñas do pobo, acoden para que lles resolvan a súa situación.