Un globo aerostático, lume, apócemas e inventos... Itineranta nunca deixa de sorprender

Pontevedra
10 de agosto 2018

Inventi Teatro abriu cun autobús que vende apócemas e inventos varios, dando paso a Forani Teatro, que encheu as rúas cun clown acompañado de música de banda; a Bambola, que trasladou á cidade un globo aerostático doutra época xunto a unha tripulación que festexa a aterraxe; e un vistoso espectáculo baseado no lume que representou Scura Splats. 

Itineranta en Pontevedra
Itineranta en Pontevedra / Paula Sanmartin

Todo o centro histórico de Pontevedra volveu converterse esta semana nun escenario itinerante de espectáculos na rúa. Entre este martes e este xoves acolleu as actuacións de nove compañías distintas que ofreceron a un público entregado música en directo, circo e animación con motivo da novena edición do festival Itineranta.

Durante a xornada do mércores houbo atrasos e incidencias na programación previsto debido á choiva, pero este xoves xa discorreu todo segundo o programado cos espectáculos de Ivanti Teatro, Forani Teatro, Bambolea e Scura Splats.