A Casa da Luz foi o escenario elixido para a presentación do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que este ano cambia de estación e celebrará a súa terceira edición do 11 ao 16 de decembro, no Teatro Principal.
Novos Cinemas volve co obxectivo de seguir achegando o mundo do cinema aos máis novos, incidindo especialmente nas creacións de cineastas noveis. Ademais, continuará paralelamente co seu programa formativo, unha das súas grandes bazas.
Durante a celebración da Semana da Creatividade que impulsa a Universidade de Vigo, do 16 ao 20 de abril, Novos Cinemas ofrecerá ao alumnado universitario un obradoiro de imaxe impartido pola cineasta e realizadora María Cañas.
Este taller supón unha gran oportunidade para que os estudantes universitarios amplíen a súa formación máis aló do impartido nas súas carreiras. O obradoiro será gratuíto e destinado unicamente ao alumnado do Campus de Pontevedra e se celebrará, previsiblemente, na Casa dás Campás.
As demais actividades continuarán as liñas xerais doutros anos. Enmarcadas baixo o programa #AULACREAS2i, orientado ao fomento da creatividade e a transferencia de coñecemento, Novos Cinemas desenvolveu outros proxectos cos que abarca a alumnos de todas as idades. En primeiro lugar, o programa CinEd, posto en marcha na anterior edición e cuxa finalidade é a divulgación do cinema europeo entre os escolares, que comezará durante o primeiro trimestre do curso 2018-2019.
En segundo, o proxecto #AULA+NOVOS, que dirixe a súa atención a mozos en idade escolar, apostando por unha formación relacionada co cinema, a arte e a cultura, entre outras. Ángel Santos, director artístico do festival, apuntou que aínda queda "mucho trabajo" por facer, aínda que a formación continuada en materia de cinema é un dos alicerces fundamentais desta iniciativa cultural, e de aí o cambio de data, co obxectivo dechegar a novos públicos.
A concelleira Carme Da Silva aproveitou a súa asistencia á presentación para destacar Pontevedra como "unha cidade moi vinculada ao mundo do cinema, ben polas iniciativas culturais como polas persoas que as impulsan". Apuntou ademais que as sinerxias producidas entre o Concello, a Universidade de Vigo e o festival de Novos Cinemas fan que Pontevedra "está emerxendo como referencia cultural a nivel galego".