Máis de cen artistas de distintos lugares do mundo colaboran nunha campaña do Ateneo de Pontevedra para recadar axuda para os nenos de Gaza mediante a venda de obras.
A campaña "Cos nenos e nenas de Palestina" instalou no Museo de Pontevedra unha árbore de Nadal decorado con pezas de arte que se venden a prezos alcanzables para recadar fondos para a ONG Save the Children.
Son debuxos, acuarelas, gravados e fotos que se venden a prezos alcanzables e que figuran descritos nas tarxetas que decoran a árbore de Nadal.
Trátase dunha iniciativa impulsada por Antón Sobral que ademais do Museo de Pontevedra plantará máis árbores solidarias noutros lugares tanto de Pontevedra como doutras cidades galegas.
Desde o Ateneo de Pontevedra facilitan un correo electrónico para que aquelas persoas interesadas en colaborar nesta campaña adquirindo unha peza de arte poden facelo escribindo a [email protected] o cliente ingresará o pago na conta do Ateneo. A campaña prolongarase durante un mes.