O Grupo de Música Tradicional, unha nova agrupación dentro do campus de Pontevedra, selecciona a dez persoas con coñecementos musicais para traballar na preparación do repertorio baixo a dirección de Marina Fernández Vigo, gaiteira de Sondeseu e Os Melidaos.
É ademais profesora de gaita e percusión no Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa e directora da sección instrumental de Cantigas e Agarimos.
O prazo para apuntarse finaliza o sábado 21 de outubro e poden inscribirse tanto representantes da comunidade universitaria como persoas que participan no presente curso na Aula Permanente de Música Tradicional Galega, da que forman parte máis de corenta persoas para manexar diferentes instrumentos populares de Galicia.
A intención é crear un grupo de calidade, integrando a membros da aula e que represente á Universidade de Vigo en distintos foros, segundo explica #Luis Torres, director de área adxunta a Vicerreitoría no DUVI.
A formación buscará mergullarse no mundo da música tradicional recompilando pezas populares.