Última semana de obradoiros de verán no Museo de Pontevedra

Pontevedra
22 de agosto 2022

Escolares de 10 a 12 anos serán os protagonistas dos obradoiros desta semana no Edificio Castelao con actividades relacionadas coa exposición 'Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia', que organiza a asociación Sete Espadelas

Participantes nos obradoiros de verán do Museo
Participantes nos obradoiros de verán do Museo / Museo de Pontevedra

Este martes 23 e ata o venres 26, o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá o último ciclo de obradoiros de verán que organiza a entidade dependente da Deputación de Pontevedra.

Nesta ocasión, as actividades destínanse a escolares con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos. 

A proposta desenvólvese, do mesmo xeito que no anterior obradoiro, partindo da exposición'Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia', que promove a asociación pontevedresa Sete Espadelas. 

Nesta iniciativa, o alumnado realizará manualidades para potenciar a súa creatividade e a curiosidade artística. 

A inscrición débese realizar a través do corrreo electrónico [email protected]