Tras o seu éxito en Broadway e o seu paso por Madrid, o musical Kinky Boots chega a Pontevedra. A cidade "porase as botas" os días 7 e 8 de febreiro, con tres sesións dun espectáculo que o público pontevedrés poderá ver no auditorio de Afundación.
Este musical, baseado na película británica do mesmo nome escrita en 2005 por Geoff Deane e Tim Firth, esta inspirado en feitos reais e conta a historia de superación de dúas persoas que non teñen nada en común. Ou, polo menos, iso cren eles.
Kinky Boots foi creado por Harvey Fierstein e conta coa música de Cyndi Lauper. Na súa adaptación española, está dirixido por Silvia Villaú e unha repartición encabezada por Carlos Benito (Charlie) e Tiago Barbosa (Lola).
Producido pola compañía Theatre Properties, entre outros colaboradores, esta adaptación conta coas coreografías creadas por José Félix Romero, mentres que Silvia Montesinos foi a encargada de adaptar o guion e as letras das cancións orixinais.
A historia de Kinky Boots ten como protagonistas a Charlie, o fillo dun zapateiro artesán, e a Simon (Lola), que lida cun pai bastante ríxido que nunca entendeu a súa afección polo baile, nin a súa atracción polos zapatos de tacón alto vermello da súa nai.
O camiño de ambos se cruzan e, con moita empatía e comprensión mutua, esta peculiar parella será capaz de abrazar as súas diferenzas e crear unha fabulosa liña de zapatos totalmente revolucionaria. Aínda que realmente o maior dos logros será a súa amizade.
Un elenco espectacular, 170 cambios de vestiario, setenta pares de botas, tacóns, perrucas, moita cor e diversión para contar unha historia real sobre os prexuízos, superación, amor e amizade en calquera das súas formas.
Un espectáculo que, segundo os seus promotores fará rir ao público a gargalladas, que tamén se emocionarán, bailarán e reflexionarán coa historia que traslada ao escenario.
As entradas para o tres funciones de Kinky Boots en Pontevedra, os días 7 de febreiro (20:00 horas) e 8 de febreiro (17:00 e 20:30 horas), pódense adquirir a través da plataforma Ataquilla.com.