Treixadura e Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre súmanse ao Sons de Ánkar 23

Poio
19 de marzo 2023

Este evento cambia o formato este ano e pasa a integrarse no ‘Primavera en Poio’. Vai desenvolverse, con entrada libre, o 29 de abril e tamén ofrecerá a actuación de Tanxugueiras

Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre /

Xa está completo o cartel da cuarta edición do Festival Sons de Ánkar que se celebrará o 29 de abril no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador. 

Tanxugueiras ofrecerá a actuación estelar desta cita musical pero tamén se confirma a presenza doutras dúas agrupacións de gran nivel como Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre e Treixadura.

Os concertos comezarán o sábado 29 ás 19.00 horas con entrada libre. O concelleiro de Festexos de Poio, Xosé Luís Martínez, lembra que esa fin de semana será máis longo do habitual debido á ponte de maio e espera unha gran asistencia de público.

Nesta edición, o festival cambia de datas pasando do verán á primavera. Recupera tamén a Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre xa formaron parte da primeira edición deste evento ofrecendo un directo cargado de potencia.

O Sons de Ánkar inclúese agora en'Primavera en Poio', que incluirá numerosas actuacións: 

- América de Vigo - 31 de marzo no porto de Raxó

- Los Satélites - 1 de abril, praza da igrexa de San Salvador

- Panorama - 2 de abril, Praza da Chousa de Combarro

- Marbella - 30 de abril. Praza Alfredo Romay de Samieira

- París de Noia e Los Coleguitas - 16 de maio, Praza da Granxa de Campelo.