Treixadura e De Vacas, novas citas do programa provincial +Música en Sanxenxo e Barro

Barro
21 de xullo 2024

O concerto de Treixadura terá lugar o mércores 24 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Mar de Sanxenxo e o de De Vacas ás 21:00 horas no Pazo da Crega de Barro

Concerto do cuarteto De Vacas
Concerto do cuarteto De Vacas /

O programa +Música impulsado pola Deputación de Pontevedra facilitará dúas novas actuacións musicais na comarca o vindeiro mércores 24 de xullo.

Por unha banda a Praza do Mar de Sanxenxo será escenario a partir das 22.00 horas dun recital de Treixadura, unha das formacións de referencia da música tradicional galega.

Por outro, a Praza da Crega en Barro acollerá desde as 21.00 horas un concerto de De Vacas, grupo que afai facer versións propias e adaptadas de temas coñecidos e que presentarán en Barro o seu espectáculo 'Rebovina Divas Live'.

O programa +Música é unha iniciativa coa que a institución provincial pon ao dispor de municipios de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos co obxectivo de fometar a cultura e a lingua galega, custeando os seus concertos.

En total entre maio e setembro están previstas 59 actuacións noutros tantos concellos da provincia.