Trébede e Quempallou, a música folk ábrese paso na Ferraría

Pontevedra
18 de agosto 2013

As dúas agrupacións ofreceron unha exhibición de tempas interpretados con instrumentos tradicionais ante o numeroso público que se achegou ata a Praza da Ferraría

A agrupación Trébede que pertence á Asociación Cultural Loaira de Marín abriu o concerto na Praza da Ferraría. A través do son tradicional fóronse desenvolvendo bailes de xota e muiñeira. Esta agrupación gañou recentemente o terceiro premio pola interpretación e posta en escena dos seus bailes no XIII Concurso de Baile tradicional de Azaloira. E durante a xornada deste sábado mostrou o seu bo facer no escenario pontevedrés.

A continuación a banda de folk galego Quempallou ofreceu un concerto no que non faltaron algúns dos temas do seu último disco Vells Novas no que se xoga coa retranca e o bo humor.

Arquivado en