Este sábado 29 de abril, a partir das 18:00 horas na Praza de Alfredo Brañas celebrarase o evento "Tramo polo Miño Free-Style". Este proxecto iniciouno Clemente Pimenta Trapote, co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Cambados.
Pementa é un mozo de 22 anos que ten inquedanzas artísticas e musicais e que quere lanzar esta proposta de danza e música urbana desde Cambados.
Este acontecemento terá unha duración de tres horas e será gratuíto.
As actuacións son de Plié Dance School, Fuck Poseidón, Charlyto e outros doce free-stylers galegos, e serán valoradas por un xurado, que decidirá cal é a mellor proposta.
O gañador obterá un bono de compra fácil da Asociación de Comerciantes Zona Centro. Os demais participantes obterán agasallos proporcionados por outros patrocinadores.
"Tramo polo Miño Free-Style" pretende consolidarse como un encontro itinerante de artistas urbanos. Este proxecto ten a súa primeira parada en Cambados, pero pasará por outras vilas e cidades galegas co obxectivo de dar a coñecer a cultura urbana entre a mocidade.