The Temper Trap, primeira confirmación para o Atlantic Fest 2017

O Salnés
31 de outubro 2016

Hai apenas catro meses puidemos gozar da primeira edición do Atlantic Fest, herdeiro do antigo Festival do Norte, na Illa de Arousa. Pouco despois comezaron a darse os primeiros pasos para repetir a experiencia -que será os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2017- e agora coñecemos xa o nome da primeira banda que estará no seu cartel

A banda australiana The Temper Trap
A banda australiana The Temper Trap /

Hai apenas catro meses puidemos gozar da primeira edición do Atlantic Fest, herdeiro do antigo Festival do Norte, na Illa de Arousa. Pouco despois comezaron a darse os primeiros pasos para repetir a experiencia -que será os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2017- e agora coñecemos xa o nome da primeira banda que estará no seu cartel.

Trátase dos australianos The Temper Trap, segundo desvelou a organización este luns.

The Temper Trap é unha banda que entrou cunha forza irresistible na escena musical, grazas á publicación do seu brillante disco debut Conditions

Con este traballo alcanzaron o máis alto das listas de vendas mundiais, sendo número uno no seu país con máis dun millón de discos vendidos, abríuselles as portas aos mellores festivais do mundo e levounos a telonear a bandas como Coldplay ou The Rolling Stones.

O seu novo disco, Thick as Thieves, continua o camiño tan especial que iniciaron con aquel primeiro traballo e deixa aos seus seguidores por todo o mundo coa satisfacción de volver a plasmar nun disco a grandeza do grupo, que volve pisar os escenarios do noso país tras a súa última xira, onde colgaron o cartel de non hai entradas.

Subirán ao escenario do Atlantic Fest o día grande do festival, o 1 de xullo.

Ademais, as entradas poñeranse á venda o día 2 de novembro en www.atlanticfest.com. Os abonos terán un prezo de 38 euros para os tres días.

O Atlantic Fest é un festival que esparce a súa actividade pola Illa de Arousa (Rías Baixas) e converte a toda a illa nun recinto xigante de concertos con catro escenarios: a praia do Bao, o auditorio municipal, a praza de abastos e os establecementos de hostalería da vila. 

Conta tamén cunha zona de acampada de acceso gratuíto para todos os que teñan o abono ao festival, na Praia Area da Secada, cunha zona dedicada só para familias.