"Teño intentado escribir en castelán, pero só sei escribir en galego"

Pontevedra
28 de febreiro 2015

A escritora María Solar presenta no Salón do Libro a súa obra ⿿O meu pesadelo favorito⿿, Premio Lazarillo 2014

A escritora María Solar
A escritora María Solar / Salón do Libro

"Manuel púxose moi mal da tripa e o seu pai chamou polo veterinario. En toda a vila non había médico (...)". Baixo o título ⿿Un neno normal⿿ comeza ⿿O meu pesadelo favorito⿿, da escritora María Solar, que este sábado estivo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A presentación da obra, gañadora do Premio Lazarillo 2014, contou tamén coa presenza do editor Francisco Castro e da crítica literaria Malores Villanueva.

"Sempre lle queres a todas as obras, pero recoñezo que esta é especial porque agora o que fixen foi liberarme absolutamente de todo deixar voar a imaxinación e facer un libro libre", asegura a autora, que recoñece que para ela "o verdadeiro premio é a xente".

"Eu quería xogar co absurdo, porque non hai nada máis real que o absurdo. Tamén ten moito humor e moito sentimento. Hai un equilibrio entre as historias que pasan, que te van metendo nun mundo absurdo, fascinante, de soños... ÿ un xogo entre a realidade e os soños", explica María Solar.

A xornalista di que non adoita enviar obras a certames literarios, pero que nesta ocasión si que apurou o seu remate para que puidera entrar a concurso: "Pensei que tería poucas posibilidades porque a enviei en galego. Eu teño intentado escribir en castelán, pero só sei escribir en galego".

Este é o ano das traduccións para a creadora de 'O meu pesadelo favorito', tanto por esta historia como por 'A verdadeira historia da mosca da tele', xa que ambas van ser publicadas tamén en castelán e catalán.

"Este é un libro para tódolos públicos, que ten un solo, dos dez anos, pero que despois pode gozar calquera. Segundo a idade coa que o lean van ler un libro distinto, a captar outros matices. Eu creo na literatura para todos", afirma Solar, que se declara unha fan do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

"Ademais, este ano vai da ciencia e da ficción, e eu son unha persoa de ciencias e letras, son bióloga e xornalista, por iso vou participar nunha charla no Salón en colaboración co CSIC", anuncia. Será o 27 de marzo ás 18:00 horas e levará por título ⿿Isabel Zendala: cando a literatura rescata á ciencia⿿.