Poesía, teatro, danza e humor déronse a man este domingo en Pontevedra. Fixérono co espectáculo ELA, que Caramuxo Teatro representou en dobre sesión, mañá e tarde, no Teatro Principal. Formaba parte do ciclo Domingo do Principal.
Ao longo dos 40 minutos, o público familiar puido gozar cun espectáculo que recollía un mundo fantástico cheo de colorido e co protagonismo da pintora galega Maruxa Mallo.
Maruxa Mallo era unha creadora surrealista con gran visión teatral e nesta ovra recóllense esas características da súa produción plástica para mostralas ao público, coa idea de que teña maior coñecemento da pintora á que se dedicou o Día dás Artes Galegas en 2017.
Caramuxo Teatro é unha compañía coruñesa dedicada ao teatro infantil desde o ano 2003, formada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez.
Esta agrupación foi a primeira en elaborar un espectáculo destinado para bebés en Galicia e distínguese por producir obras teatrais con combinen elementos didácticos, artísticos e ociosos para toda a familia.
A próxima cita con Domingos do Principal será o domingo 13 de novembro coa obra Tarzán en el diván, da compañía Mar Mar Teatro.