'Tarzán en el diván' converte Domingos do Principal nun zoolóxico

Pontevedra
13 de novembro 2022

Penúltima xornada do ciclo de teatro familiar Domingos no Principal no Teatro Principal de Pontevedra

Tarzán en el diván, de Mar Mar Teatro, en Domingos no Principal
Tarzán en el diván, de Mar Mar Teatro, en Domingos no Principal / Cristina Saiz

Penúltima xornada do ciclo de teatro familiar Domingos no Principal no Teatro Principal de Pontevedra.

Este domingo 13 de novembro era a quenda de 'Tarzán en el diván', unha obra da compalía vasca Mar Mar Teatro recomendada para maiores de 6 anos.

En dobre sesión, ás 12.00 e ás 18.30 horas, o Teatro Principal converteuse nun zoolóxico, e é que o argumento da obra viraba ao redor dun visitante que abría as gaiolas dos animais liberándoos, deixando en liberdade polas rúas a leóns, panteras e gorilas provocando o pánico. O responsable do caso é levado a un psicólogo, onde asegura ser Tarzán.

Domingos do Principal concluirá o vindeiro domingo día 20 con 'Las Cotton', de Anita Marabillas e Portal 71, un espectáculo de títeres recomendado a partir de 5 anos.